AXENDA
Eu son UVigo!
05/04 - 30/06
Biblioteca Pública de Ourense
Exposición

Colaboramos coa Universidade de Vigo con esta exposición que busca dar visibilidade a persoas egresadas da Universidade de Vigo ou que actualemente traballan nela e que alcanzaron os seus soños profesionais. O fin último é ilusionar ao público con respecto a cursar estudos superiores, poñer en valor todos os ámbitos de coñecemento e destacar tamén a figura da muller como profesional de prestixio no campo universitario.