AXENDA
Exposición de graffiti
09/01 - 08/02
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Finalistas do Xuventude Crea 2019

Cedemos o vestíbulo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social para expoñer os traballos do Xuventude Crea, certame galego de creadores e creadoras novas, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.

Esta exposición recolle os proxectos finalistas da especialidade do graffiti no 2019.