AXENDA
Fantasía musical
24 de Outubro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Concerto de María Faltri e Jorge Juncal

Escoitamos música feita para divertirnos coas palabras.

Cada peza musical é para unha letra do abecedario, polo que son vinte e tres cancións con letras repletas de fantasía para achegar a poesía aos máis pequenos e pequenas.

Músicas con moito ritmo e divertidas personaxes que tamén forman parte deste espectáculo.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos e público familiar.

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.