AXENDA
Feministorias
29 de Xuño, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Sesión de narración oral con Lisístrata.

 A historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo.

Achegamos referentes para nenas e nenos mediante os contos, curiosidades e xogos e repasamos os logros do feminismo ata os nosos días.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.