AXENDA
II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
28/10 - 22/12
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR "Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés"

Bases do concurso

1. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos

2. Cada participante  presentará un único relato cunha extensión máxima de 200 palabras.

3. Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.

4.. Os traballos presentados  deberán ser escritos, en galego ou castelán

Prazo 

O prazo de admisión  dos relatos rematará o  vindeiro 14 de decembro, debendo ser entregados na biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,  asinados e cos seus datos persoais engadidos, (nome, dirección postal, correo electrónico e teléfono)

O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.

Premios

 1º  premio:  lote de libros e publicación nas redes sociais da biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés.

2º premio: lote de libros

3º premio: lote de libros

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

A  presentación das obras a este Concurso supoñen a aceptación das presentes bases.

A resolución do xurado farase pública o 21 de decembro, e comunicarase aos premiados por medio do correo electrónico ou teléfono.