AXENDA
A Ilustración na Revista «Nós»
22/01 - 11/03
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense / Ourense
Portadas e ilustracións a toda páxina

Tomando como fonte principal a estupenda monografía de M.ª Victoria Carballo-Calero titulada «La ilustración en la revista "Nós"» , na mostra expóñense reproducións das portadas e ilustracións da senlleira revista ourensá, acompañadas de textos explicativos. Ademais, atoparás dispoñíbeis para consulta todos os números da revista en edición facsímil.