AXENDA
Ilustradoras galegas
16/01 - 31/03
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil

Coa intención de dar visibilidade ás ilustradoras galegas e para que as máis pequenas e pequenos poidan participar do Día da Ilustración, poñemos á vosa disposición unha colección de libros e cómics ilustrados por artistas galegas.

Podedes visitala na sala infantil en horario de apertura da biblioteca do 16 de xaneiro ao 31 de marzo.