AXENDA
A imaxe e a palabra
07/01 - 02/02
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Exposición de ilustracións de Margarita Viz Blanco

Exposición A IMAXE E A PALABRA, con ilustracións de Margarita Viz Blanco 

Margarita pasou media vida ejercendo como profesora de idiomas

Realizou ilustracións para 3 libros de María José Viz (Instantes hallados Los abrazos líquidos, Mar de lluvia seca) e un de Jesús Garabato Rodríguez (En poucas palabras)

O proxecto que agora nos presenta ten dúas perspectivas: a imaxe que parte de de a palabra, a palabra que parte da imaxe. As imaxes son de Margarita Viz e as palabras de María José e Jesús. A exposición parte da experiencia de Margarita como ilustradora, buscando dar máis visibilidade ao traballo da ilustracion. Doutra banda, é unha reflexión sobre as interpretacións dun cadro a través de relatos breves.

Margarita, María José e jesús estarán pola exposición o 7 de xaneiro, día da inauguración, a partir das 18:30 horas. Por se te animas a vir charlar con eles

Lugar: Sala de exposicións da Biblioteca

Datas: do 7 de xaneiro ao 2 de febreiro