AXENDA
Imaxes do Nadal
05/01 - 29/01
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo / Lugo
Correspondentes ao Nadal 2020-2021
Imaxes do Nadal Imaxes do Nadal Imaxes do Nadal

O Nadal está presente nas nosas vidas do xeito máis diverso, dependendo a
nosa idea sobre el da percepción das numerosas accións exteriores pero
tamén das propias actitudes en relación con esta festa. Por iso naceu esta
mostra de imaxes do Nadal; un abano de instantáneas que reflicten as diveras
visións dos seus autores e provocarán sentimentos acordes coa sensibilidade
de cada un de nós.

Presentamos obras de Eduardo Ochoa, Muguel Calvo, Fernando Gago, Miguel
Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Ónega (In memoriam), José Manuel
Guisasola, G. L. Méndez e Hixinio Flores.

O Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico
de Begonte, coa colaboración do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e do
Colectivo Egeria, abre esta mostra á contemplación das centes de boa fe,
agardando que nos axude a todos a ampliar o noso ceito de ver e sentir o
Nadal.

Na sala de exposicións da Biblioteca.