AXENDA
IV Concurso de microrrelatos de terror
29/09 - 11/12
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Bases do concurso:

  1. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos.
  2. Cada participante presentará un único relato cunha extensión máxima de 200 palabras.
  3. Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
  4. Os traballos presentados deberán ser escritos en galego ou castelán.

Prazo

O prazo de admisión dos relatos rematará o vindeiro 11 de decembro, debendo ser entregados na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, asinados e cos seus datos persoais engadidos (nome, enderezo postal, correo electrónico e teléfono). Tamén se poderán entregar por correo electrónico ao enderezo bpc@xunta.gal en arquivo .pdf e facendo constar os datos persoais (nome, enderezo postal, correo electrónico e teléfono) no arquivo.

O xurado seleccionará un máximo de 3 traballos.

Premios

1º Premio: lote de libros e publicación do relato nas redes sociais da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.

2º Premio: lote de libros

3º Premio: lote de libros

Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

A presentación das obras a este concurso supón a aceptación das presentes bases. A resolución do xurado farase pública o 21 de decembro e comunicarase aso premiados por medio do correo electrónico ou do teléfono.