Durante o ano 2022 varios autores e autoras recibiron galardóns polas súas obras literarias. Algúns premios foron concedidos para contribuir á creación de novas narracións, outros para salientar libros xa publicados, e os máis importantes, como homenaxe á extraordinaria produción escrita ao longo da súa vida.
Nesta mostra bibliográfica seleccionamos os premios máis prestixiosos do libro durante o ano 2022 en Galicia, España e noutros lugares do mundo. E tamén aproveitamos para recoñecer a excelente e inédita década de Premios Nacionales de Literatura a autores e autoras galegas, desde o ano 2012 ao 2022.
Con esta escolma de máis de 100 obras premiadas cunha gran calidade literaria avalada por diferentes xurados, e unha gran variedade de xéneros, temáticas, linguas, estilos… a biblioteca deséxavos un bo comezo de ano 2023.
Feliz lectura!
No segundo piso. Pode visitarse no horario da biblioteca.