AXENDA
Mans
10 de Abril, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Nenas e nenos de 4 a 12 anos

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Os Contos de Pablísimo.

Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.

Mans é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.

Contos populares, contos de creación propia, fábulas e xogos cas mans... son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas... e moita imaxinación!!

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.