AXENDA
Manuel Murguía (1833-1923), o primeiro construtor da nación
01/03 - 30/06
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Centenario do seu pasamento

Lugar: primeira planta

Este ano 2023 conmemóranse os 100 anos do pasamento do escritor, xornalista e creador da Real Academia Galega.

Na Biblioteca aproveitamos a ocasión para elaborar unha exposición coa que se pretende dar a coñecer unha figura relevante do Rexurdimento.

A exposición poderá visitarse no horario de apertura da Biblioteca, de luns a venres de 8:30 a 20:30 e os sábados de 10:00 a 14:00.