AXENDA
Marcho, que teño moito que xogar!
03/06 - 01/07
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

No mes de xuño remata a escola e comezan as vacacións, tempo para que a rapazada ande ceiba a xogar nas rúas...

Nesta mostra recollemos libros que nos amosan ese xeito de entender a vida, aínda nestes tempos máis complexos, para reivindicar a necesidade das crianzas a experimentar e sentírense libres.

Na sala infantil. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.