Para conmemorar o Día da Ilustración 2023 lembramos a María Antonia Dans: “Si no fuera mujer, mis cuadros se pagarían el doble”. Foi pintora, entre outros, de temas populares galegos cunha profunda conciencia de xénero. Desde a biblioteca Ánxel Casal ofrecemos unha escolma de materiais seus e tamén sobre ela e a súa obra, así como doutras pintoras galegas que pelexan por acadar espazo e recoñocemento nun campo dominado por homes.
Agardamos achegarvos a obra destas artistas e que supoña un grao de area para a súa visibilidade.
A mostra estará dispoñible no terceiro andar do 16 de xaneiro ao 28 de febreiro. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.