AXENDA
Medicina na literatura
01/10 - 30/11
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

A experiencia da enfermidade e a profesión médica suscitaron sempre un gran interese nos lectores e foron tratadas polos autores de diferente maneira, en función da consideración social que ambas tiveron en cada etapa histórica. Desde as sátiras de Molière ao escéptico médico que Baroja describe en El árbol de la Ciencia, do médico rural de Kafka ao imprescindible Un hombre afortunado de Berger, esta mostra bibliográfica reúne unha selección de textos esenciais cuxa trama xira ao redor da enfermidade, a práctica médica, a atención hospitalaria ou a consideración histórica e social do médico.

Seleccionamos aquí unha bibliografía que pode resultar de interese para o alumnado de medicina, o profesional en exercicio ou para calquera lector curioso, relacionado ou non co ámbito sanitario, que pretenda aproximarse á compresión dun dos aspectos máis relevantes da condición humana.

No 2º andar. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.