AXENDA
Mércores Investigadores na Biblio
Aprazado
25 de Maio, 18:30
25 de Maio, 18:30
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro con Xeitura Teatro

Este mes celebramos Os mércores Investigadores na Biblioteca con Xeitura Teatro que traerannos obradoiros para achegarse á cultura dunha forma lúdica e divertida. Estos obradoiros están pensados para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

- Mércores 11: V O C E S  F E M E N I N A S

Na historia algunhas voces se escoitaron menos ou foron silenciadas. Faremos que as voces de mulleres da prehistoria, da antiguidade, da idade media ... alcen a súa voz.

Fagamos que se escoiten!

- Mércores 18: M U S E O S  D O M U N D O .O P O D E R  D O S  M U S E O S

Os museos son lugares de descubrimento, ensínannos o noso pasado e abren as nosas mentes a novas ideas, dous pasos esenciais para construír un futuro mellor.

Cómo sería o teu museo ideal?



- Mércores 25: O U R E N S A N A S

Mulleres ourensanas loitadoras e fortes, que romperon coas barreiras que a sociedade impuñalles. Pioneiras en moitos campos, falemos delas e por elas.

Fagamos que se coñezan !

Para asisitir a eles é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono: 988 788385 /386