×

Mensaxe de erro

Warning: PDO::__construct(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Temporary failure in name resolution in DatabaseConnection->__construct() (line 321 of /var/www/vhosts/W_REDEBG/includes/database/database.inc).
AXENDA
Mes da Historia Negra
01/10 - 30/11
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

O Mes da Historia Negra – Black History Month – é unha conmemoración anual para homenaxear ás persoas afrodescendentes que, aínda hoxe, sofren o racismo institucional e cotián que impera nalgunhas sociedades desenvolvidas.

A orixe desta iniciativa remóntase ao 1926, cando Carter G. Woodson instituíu nos EEUU a Semana da Historia dos Negros. Elixiuse a segunda semana de febreiro coincidindo cos aniversarios do presidente Abraham Lincoln e do abolicionista Frederick Douglass. A partir de 1976, a semana inicial ampliouse a todo un mes.

Na actualidade, o Mes da Historia Negra conmemórase de maneira oficial en Canadá e Estados Unidos en febreiro e en Irlanda, os Países Baixos e o Reino Unido en outubro.

Na biblioteca participamos desta conmemoración coa intención de fomentar a lectura e o coñecemento da literatura afroamericana, así como para amosar o noso apoio e solidariedade a todas as vítimas do racismo.

Precisamente neste contexto actual, no que continuamos convivindo case diariamente con desconsoladoras imaxes de discriminación racial, esta mostra bibliográfica pretende contribuír a ampliar os  horizontes dos lectores e lectoras, achegándolles a literatura desta minoría cultural co propósito de que a súa experiencia constitúa así mesmo un acto de protesta activa, unha  mensaxe de solidariedade e un acto de comprensión cara a todas estas voces tantas veces silenciadas.

Durante os meses de outubro e novembro, convidámoste  a que participes desta iniciativa lectora con nós!

Como participar?

Le unha obra dunha autora ou autor afroamericano, podes revisar as nosas recomendacións!

Deixa un comentario/ resumo/ valoración no teu blog, Instagram, Twitter ou Facebook.

Lembra incluír os hashtags #MesdaHistoriaNegra e #BlackHistoryMonth e o perfil da biblioteca @bpsanxelcasal para que poidamos velo e compartilo!

A mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca, durante o horario de apertura.