AXENDA
Mostra bibliográfica 'Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción'
09/12 - 30/01
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Complementa a exposición do mesmo nome

Mostra bibliográfica que complementa a exposición que podedes visitar no
vestíbulo da biblioteca e que recolle as obras literarias,
cinematográficas, televisivas ou escénicas que alí se expoñen. En modo
de navegación polo Atlántico percorremos a
ficción galega en diálogo coa do Norte de Portugal nunha singradura a
través de temas e obras literarias.

Pode visitarse no segundo andar da biblioteca durante o horario de apertura.