AXENDA
Mulleres en loita
01/12 - 30/12
Biblioteca Pública de Ourense
Exposición de Amnistía Internacional

Mulleres en loita é unha exposición promovida por Amnistía Internacional que fala dos dereitos humanos das mulleres no mundo e das súas loitas. Preséntanse diferentes situacións nas que se vulneran os seus dereitos, xunto a historias de mulleres, movementos de activistas e defensoras que pelexan por cambiar esa situación con exemeplos de varios países de distintos continentes. A exposición consta de varios paneis arredor de temas como: a defensa dos deritos humanos, a defensa da natureza e a terra. os conflitos armados, a aviolencia sexual etc sempre coas mulleres como protagonistas.

Podedes visitala no horario habitual de apertura da Biblioteca no 1º andar.