AXENDA
Novembro. Mes da Ciencia nas Bibliotecas Públicas (2019)
01/11 - 30/11
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

 

Todo o mes de novembro

Ciencia ao servizo da paz. Mostra bibliográfica para conmemorar o Día da Ciencia.

 

 

2 de novembro, ás 12:00 h, na ludoteca

Obradoiro: Robótica educativa. Obradoiro no que os participantes construirán e programarán un robot co material de lego education.

Público: de 6 a 12 anos.

Inscrición previa

 

 

8 de novembro, ás 19:00 h, no salón de actos

O teu mellor amigo ou o teu peor inimigo? Conferencia a cargo do Dr. José Antonio Godoy que amosa un panorama xeral da creatividade e como podemos aproveitala para resolver problemas, xerar novas ideas e aumentar a nosa produtividade a través da maxia.

Para todos os públicos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

9 de novembro, ás 12:00 h, no salón de actos

Proxección: Planetario ciencia kidsfulldome space. Proxección, con deformación xeodésica dentro dunha estrutura de domo para mergullarse nun mundo de ficción.

Público: a partir de 3 anos.

Inscrición previa (3 quendas).

 

 

9 de novembro, ás 12:00 h, na ludoteca

Contos en lingua de signos por membros da Federación de Persoas Xordas de Galicia.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

23 de novembro, ás 12:00 h, na ludoteca

Queremos a paz. Contacontos con Trinke Trinke

Público: a partir de 3 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

 

30 de novembro, ás 12:00 h, na ludoteca

Contacontos: E se a miña avoa fose Marie Curie... Contacontos sobre unha avoa adiantada no seu tempo, a quen lle gustaban as matemáticas e a física desde moi pequena e que chegou a converter a súa casa nun laboratorio algo improvisado.

Público: de 4 a 12 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.