AXENDA
O Camiño de Santiago
21/06 - 31/08
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Na Biblioteca Ánxel Casal tratamos de ter a máis ampla colección de libros e outros documentos relacionados co Camiño de Santiago e aproveitamos este verán de volta á normalidade para facer unha mostra cunha selección deses documentos no vestíbulo da Biblioteca para desfrute de veciños e visitantes.

Camiño de Santiago é o roteiro máis concorrido e máis celebrado do vello continente. Santiago tamén compartiu a atracción dos camiñantes de todos os tempos pero, ademais, fixo un Camiño.

A xacobea foi a última en aparecer dentro das tres grandes peregrinacións cristiás. Un número crecente de persoas realizouna durante a Idade Media por motivos de fe, ao considerar que os restos do apóstolo tiñan unha capacidade de intercesión ante Deus. A súa popularidade estendeuse entre os reinos europeos occidentais e gozou do apoio tanto das autoridades eclesiásticas e civís como de persoas particulares, que se implicaron na creación dunha infraestrutura que ofrecese ao peregrinos aloxamento e asistencia.

Ao redor do ano 813, ou 820 segundo outras fontes, en tempos do rei de Asturias Afonso II o Casto, un ermitán cristián chamado Paio díxolle ao bispo galego Teodomiro, de Iria Flavia, que vira unhas luces brillando sobre un monte deshabitado. No mesmo acharon unha tumba, probablemente de orixe romana, onde se atopaba un corpo decapitado coa cabeza debaixo do brazo. O rei ordenou construír unha igrexa encima do cemiterio, orixe da Catedral de Santiago de Compostela, epíteto que provén de campus stellae: «campo das estrelas», debido ás luces que apareceron sobre o cemiterio, ou ben de compositum tellus, é dicir: «Terreo ben disposto».

A creación do ano santo en Santiago remóntase ao século XV. Crese que o primeiro da historia puido ser en 1428, ou en 1434, e convocado polo arcebispo don Lope de Mendoza.

Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.