AXENDA
Obradoiro de escritura creativa
03/12 - 17/12
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Impartido por María Jesús Molina Raspal

Lugar: salón de actos

Datas: venres 3, 10, 17 de decembro

Horario: 11:00 a 12:30

Obradoiro, no que se experimenta coas palabras, escríbese, lese en voz alta o escrito e finalízase dando cada un a súa opinión.

Un taller de escritura creativa é un espazo no que liberamos a nosa capacidade creativa e desenvolvemos a nosa imaxinación co obxectivo de atopar a nosa voz propia literariamente falando.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.