AXENDA
Obradoiros de electrónica e robótica maker
19 de Xuño, 17:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Impartidos por Vermislab

Obradoiro de robótica a cargo de Vermislab no que construimos robots utilizando motores e material de refugallo.

Tamén traballamos con electrónica facendo robots a través de circuitos electrónicos utilizando LEDS, compoñentes electrónicos, plastilina e material de refugallo.

Para nenos e nenas de 4 a 14 anos, que poden estar acompañados/as dunha persoa adulta.

No salón de actos. Máximo 20 participantes. Entrada por rigorosa orde de chegada.