AXENDA
Obxectivos de desenvolvemento sustentable
03/01 - 29/02
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sustentable. Substituíron aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron no 2015. Estes obxectivos perseguen, entre outras cousas, a igualdade das persoas, a protección do planeta e a garantía da prosperidade.



O 25 de setembro do 2015, 193 países comprometéronse con acadar os 17 obxectivos para o 2030, entre eles España a través da Axenda 2030 do Goberno.

No 3º andar da biblioteca presentamos unha selección de libros que tratan sobre cada un destes obxectivos para convidar á reflexión e aportar diferentes ideas para acadar estes obxectivos a todas as persoas que estean interesadas.