AXENDA
Pacífico, unha viaxe aos confíns do home
03/01 - 31/01
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Por Daniel Landa

Exposición fotográfica baseada na serie documental homónima na que Daniel Landa liderou unha expedición que partiu en maio do 2014 de Xapón e concluíu en Nova Zelandia en xuño de 2015 tras percorrer 18 países e máis de 20 illas​.

Imaxina os lugares onde habitan as tribos máis primitivas do mundo, unha travesía que penetra nos ríos salvaxes de Papúa Nova Guinea, ou que ascende as montañas de Borneo, ou que che obriga a camiñar tres días baixo a choiva nas selvas de Laos.

Estarías disposto a percorrer “o camiño máis perigoso do mundo” sobre os precipicios de Hua Shan, en China? Asinarías unha aventura na que hai que percorrer 8.000 quilómetros polos desertos de Australia, unha ruta que che achegará ás poboacións de Filipinas onde conservan as momias dos seus antepasados? Gustaríache gozar dunha experiencia na que o menú consiste en larvas vivas de escaravello, en escorpións fritos ou en bocadillos de insectos? Estarías disposto a pasar unha semana hospitalizado por contraer a malaria?

Se é así, benvido a Pacífico.

Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca no vestíbulo.