AXENDA
Palabra de muller
19 de Outubro, 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Conmemoración do Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).

A Biblioteca únese a esta conmemoración co recital Palabra de muller no que se fai un percorrido pola obra de mulleres pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que se quere honrar, na voz de mulleres representativas da cultura e da sociedade galegas.

A actividade, coordinada por Lisístrata, está dirixida a un público adulto.

No salón de actos. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información desde 1 hora antes do comezo da actividade.

 

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade. Hai 22 postos habilitados de uso individual cunha separación de 1.5m entre eles. 

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara.