AXENDA
Pitusiña
27 de Febreiro, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Contacontos a cargo de Lisístrata

Pitusiña é unha nena arrichada que pensa, fala e xoga en galego. Un día, farta de que sempre lle digan cousas que non entende: "Fala ben, así non se di...", decide facer unha viaxe no tempo buscando a Rosalía de Castro para que lle axude. Unha viaxe á que vos convida, queredes acompañala? Espectáculo de monicreques e actriz. 

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.