AXENDA
Pobre Asunción!: A violencia de xénero na prensa
23/02 - 21/05
Biblioteca Pública de Ourense
Exposición

A mostra organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Biblioteca de Galicia nútrese dos fondos que custodia a esta última e inclúe cabeceiras históricas

'Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa' é o título da exposición coa que se repasa a evolución do tratamento destes sucesos ao longo da historia.

A base documental é o gran patrimonio que atesoura a Biblioteca de Galicia como materiais xornalísticos, literarios e arquivísticos. Destacan noticias de históricas cabeceiras como ‘El Compostelano’, ‘Vida Gallega’ ou 'El Pueblo Gallego' ou as primeiras series de fotogravado que documentaron a violencia de xénero nos xornais a finais do século XIX.

'Pobre Asunción!' é o epitafio na tumba de Asunción González, unha moza ourensá de 16 anos primeira vítima documentada de violencia de xénero en Galicia en 1891, que dá nome, e inspira, á esta exposición coa que a Xunta de Galicia reforza o seu compromiso para visibilización da violencia machista.