AXENDA
Préstamo invisible: as usuarias e usuarios recomendan...
13/04 - 31/05
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, a mostra bibliográfica do 2º andar estará acompañada, do 13 ao 31 de maio, dun préstamo a cegas moi especial, pois serán as nosas usuarias e usuarios os que nos recomenden unha lectura sen desvelar cal é. Para iso, teñen dous xeitos de propoñer as súas recomendacións: depositándoas nunha das dúas caixas que colocaremos no mostrador de préstamo do 2º andar e no andar baixo; e a través das nosas redes sociais. Estade atentas e atentos!

Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.