AXENDA
Reiventar o mundo
24/11 - 24/11
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense / Ourense
Obradoiro artístico-ecolóxico con Capicúa

Trala crise provocada pola pandemia da COVID19 somos plenamente conscientes
da necesidade de mudar a nosa maneira de estar no planeta. Coa finalidade de
darlle voz aos máis pequenos e pequenas nace este proxecto que empezaremos
co conto “O coronaconto” para establecer un diálogo sobre o que
foi a pandemia, como o viviron, que sentiron, que cousas fixeron. Falaremos
do antes e do despois, como era o mundo antes da pandemia e como está sendo
agora, que cousas mudaron, que cousas cambiaron para mellor e que cousas para
peor.

A continuación, os nenos e as nenas collerán dun caixón materiais de
refugallo: paus, pedras, papeis reciclados, cartóns, plásticos, luvas,
máscaras (previamente desinfectados) para facer unha composición
plástica, un debuxo, colaxe...acompañado dunha reflexión escrita das nenas
e nenos maiores, que resuma a súa mensaxe para o noso planeta, as súas
reflexións e propostas para facermos, entre todos e todas, un mundo mellor.

Con todas estas propostas de textos e imaxes deste e doutros obradoiros
farase o libro-album: Reinventar o mundo.

Faranse dous pases da actividade:

-Para nenos e nenas de entre 4 a 6 anos  ás 17:30 h

-Para nenos e nenas de 7 a 10 anos ás 19.00h.

cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer
inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o
venres anterior a actividade.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade
cumplirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as
medidas necesarias para el desenvolvemento dunha actividade segura e sin
riscos, no marco da biblioteca.

Protocolo COVID-19:

Uso obrigatorio da máscara

Aplicación de xel hidroalcohólico ao entrar

Respetar a colocación dos postos

Atender en todo momento as indicacións do persoal