AXENDA
Robótica creativa
11 de Novembro, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Obradoiro de robótica creativa no que os/as participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de LEGO Education.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Público infantil de 6 a 12 anos.

Espazo de obradoiros da Biblioteca.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa a partir do 1 de novembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.