AXENDA
Solsticios de inverno
10/12 - 31/01
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Vigo / Pontevedra
Tradicións no cambio de ano e de estacións

Os cambios de estación sempre foron importantes ao longo das civilizacións e da historia. Xa dende a antigüidade establecéronse cos solsticios determinados ritos, costumes ou tradicións, algúns deles vinculados ás relixións, outros determinados polo calendario. No noso entorno o máis acollido e celebrado é o Nadal cristián. Con esta pequena exposición queremos dar a coñecer outros costumes ou tradicións.