O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Dende 1967, o IBBY, International Board on Books for Young People, impulsa esta celebración para promocionar a literatura infantil e fomentar a lectura nestas franxas de idade.
Nesta mostra bibliográfica reunimos unha selección de obras do autor Hans Christian Andersen así como unha selección de libros propostos no catálogo do ano 2023 da Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Esta escolma de libros infantís pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca do 1 de abril ao 14 de xuño.