AXENDA
Tardes de xogo
23/01 - 31/03
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

A actividade de Tardes de xogo ten como obxectivo crear un espazo de relación

social onde poder desfrutar dun ambiente lúdico compartido.

Ven a pasalo ben xogando a diferentes xogos de mesa, compartindo o tempo con

outras persoas cos mesmos intereses. Divertirémonos xogando con xogos clásicos

como as cartas ou o dominó e tamén descubriremos outros mais actuais aos que

aprenderemos a xogar

-Horario: luns de 18:00 a 20:00 h. (de xaneiro a maio)

-Público adulto

-Entrada libre ata completar aforo (15 persoas)