AXENDA
Tecendo soños
20 de Abril, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Sesión de narración oral con Lisístrata

Hai libros grandes e pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais... libros que nos fan vivir momentos irrepetibles.

Os libros espertan a nosa imaxinación e fannos sentir protagonistas das historias.

Celebramos o Día do Libro tecendo soños nas máxicas historias que se agochan nos libros.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.