VER, LER E GOZAR O NADAL
Aínda non sabes que vas pedir nestas festas?. Achégate á Biblioteca onde preparamos unha selección de libros para axudarche a crear adornos ou descubrir novos pratos de cociña...
E, para que a selección sexa o máis variada posible, incluímos contos, música, series de televisión e... todo o que poderías pedir nestas festas ou, mellor, levar en préstamo da biblioteca para pasar un Nadal diferente.
Datas: do 2 de decembro ao 7 de xaneiro
Lugar: Vestíbulo da biblioteca
Horario: Luns a Venres, de 8:30 a 20:30 horas. Sábados, de 10:00 a 14:00 horas