AXENDA
A viaxe de Nano
13 de Agosto, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense / Ourense
Contacontos para bebés con Raquel Queizás

Nano é unha ra, unha ra que vive cada día unha nova avebtura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto. Nano está aprendendo pouco a pouco o nome das cousas: peite, vasoira, cunca ... o nome das cores: vermella, laranxa, amarela...

Todo o fai xogando, ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.

- Non! di Nano a auga é miña!

Contaconto para os mási pequenos da casa ( de 0 a 3 anos) a cargo de Raquel Queizás

É necesaria a inscrición previa e pode facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386

 

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolmento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.