AXENDA
Viaxe literaria por España
01/07 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

Este verán a biblioteca convídavos a percorrer España por medio da lectura dalgunha das obras que propoñemos nesta mostra bibliográfica. Cada un dos libros que aquí selecionamos, clásicos ou contemporáneos e pertencentes a toda clase de estilos e temáticas, está ambientado nun dos diversos territorios que compoñen este país de países. A través das experiencias dos propios autores e autoras ou da mirada dos seus personaxes, poderemos viaxar de Santiago a Bilbao, de Barcelona a Sevilla, deténdonos en Salamanca, Madrid ou Zamora. BOA VIAXE!

No 2º andar. A mostra pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.