AXENDA
Xela Arias: 1962-2003
03/05 - 30/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

O Día das Letras Galegas 2021 está dedicado a Xela Arias, unha das nosas poetas de cabeceira. Por iso, desde a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal queremos homenaxear a súa figura cunha mostra bibliográfica na que reunimos a súa produción poética, o seu labor como tradutora e mostramos unha panorámica da literatura galega de finais do século pasado.

A mostra bibliográfica pode visitarse no segundo andar da biblioteca durante o horario de apertura. As persoas que leven en préstamo algún libro desta mostra levarán como agasallo un exemplar do Cd 'Hasme oír' de A banda da Loba, ata esgotar existencias