AXENDA
XV Premio Novela Europea Casino de Santiago - Camiño de Santiago
01/10 - 12/12
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Participa como xurado

O premio Novela Europea “Casino de Santiago”-“Camiño de Santiago” pretende promover a lectura e o espíritu europeísta, convirtindo a toda a cidade de Santiago de Compostela e a outras cidades europeas significativas en xurado dun premio literario. 

Unha comisión de expertos selecciona cinco novelas de escritores europeos publicadas no ano en curso, novelas que son promocionadas por todas as librarías de Santiago como novelas finalistas.

As novelas finalistas da XV edición son:

  • 14 de Julio, de Eric Vuillard Ed. Tusquets
  • Conquistar el cielo, de Paolo Giordano. Ed. Salamandra
  • El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, de Tatiana Tibuelac. Ed. Impedimenta
  • Lluvia fina, de Luis Landero. Ed. Tusquets
  • Un lume azul, de Pedro Feijoo. Ed. Xerais 

Todas as persoas interesadas en participar como xurado neste premio literario poden achegarse ao 2º andar da biblioteca para levar en préstamo algunha das novelas finalistas e do 1 ao 12 de decembro poden depositar o seu voto nunha urna situada no mostrador. 

Cada persoa pode emitir un voto por unha das obras. O fallo do xurado está previsto que sexa antes do Nadal.