ENRIQUE ROVIRA-BELETA CUYÁS

Arquitecto da Consultoría Rovira-Beleta Accesibilidad, S.L.P. Profesor da Área de Accesibilidade e director do "Postgrado en Accesibilidad y Diseño para Todos" da School of Architecture da UIC Barcelona (Universitat Internacional de Catalunya). Entre 1990 e 1992 foi responsable de accesibilidade nos Xogos Olímpicos e nos Xogos Paralímpicos de Barcelona. É o creador do concepto Accesibilidade Desapercibida.

Vogal experto e membro do Consello de Accesibilidade da Generalitat de Cataluña, desde 1994 realiza planes de accesibilidade: FC Barcelona, TMB, Universidades, Empresas colaboradoras de Adecco, Teatros e Bibliotecas da Generalitat de Cataluña, Vivendas de promotoras privadas etc. e é autor de varios manuais e libros sobre accesibilidade.

 

                                                                                               RELATORIO Bibliotecas inclusivas: accesibilidade desapercibida

                                                                            10.45 – 11.30 h. Accesibilidade: fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca

                                                                                                      (Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural)

 

Como debe ser unha Biblioteca inclusiva?. A nivel de arquitectura ten que garantir o acceso a todo o mundo, tanto aos equipamentos, como aos servizos e fondos documentais:

  • Ubicar a Biblioteca nun lugar de fácil acceso, comunicada con transportes públicos e con prazas reservadas de aparcamento para persoas con discapacidade mediante itinerarios accesibles ata a Biblioteca.
  • Ofrecer espazos accesibles cunha boa circulación interior pola Biblioteca, sen atopar dificultades no seu acceso, circulación e con distancias curtas, con facilidade para atopar espazos de manobra, sobre todo para personas usuarias de cadeira de rodas e carros con libros.
  • Dispoñer de mobiliario adecuado no seu deseño e que permita tamén a facilidade de comunicación visual/auditiva/táctil e o acceso á información.
  • Dispoñer dunha rotulación e sinalización adecuada tamén para usuarios con discapacidades motóricas, sensoriais e/ou cognitivas.
  • Respectar os requisitos das normativas de accesibilidade vixentes nos seus detalles para conseguir a máxima autonomía de todas as persoas, especialmente aquelas con discapacidades, para así conseguir a non discriminación e a igualdade de oportunidades entre todos.

Accesibilidade desapercibida

É aquela que inclúe os seus requisitos no deseño dos edificios, na súa sinalización e nos seus contidos, incorporando os diferentes sentidos do ser humano: vista , oído, olfato, tacto,… e sentido común nos propios deseños orixinais do proxecto e a súa construción, mobiliario, sinalética, documentación etc.; todo isto dun xeito normalizado e estandarizado e, polo tanto, cun custe económico baixo ou nulo, ao estar integrada a accesibilidade no propio deseño orixinal para todos.