Banco de Actividades

Resultados 1 a 1 de 1

“Que vén o coco!". Obradoiro de lectura interxeracional deseñado por Elena Sánchez Muñoz

Este obradoiro de lectura interxeracional aborda os medos infantís (especialmente os nocturnos). Os participantes de menor idade poderán descubrir que os adultos, cando eran pequenos, tamén tiveron medo do coco, do lobo, dos monstros e dos fantasmas e aprenderán distintas formas de superar eses temores. Por outro lado, os adultos rememorarán eses medos e amosarán aos pequenos como os afrontaron e superaron.