Este proxecto confórmase de diversas actividades que nacen coa idea de cumprir os obxectivos básicos de ambas institucións. E colaborar para que a biblioteca pública sexa un espazo de igualdade de acceso para todas as persoas.
Destinatarios:
Este proxecto está destinado aos usuarios do Secretariado Gitano, formado por diferentes persoas en risco de exclusión social, a maioría de etina xitana e de diferentes nacionalidades. Nestes anos realizáronse actividades axeitadas aos distintos grupos da entidade que vistan a biblioteca:
- O programa "Lacho Drom", que ten como obxectivo non só a alfabetización de adultos senón tamén a pontenciación de habilidades sociais en grupos de exclusión. Este programa consta de dous niveis, "alfabetización" e "neolectores", nos que se integran xitanos españois, portugueses e romaneses.
- Programas Promociona e Acais nos que se traballa con nenos a partir de 10 anos desde a área de educación e desde o ámbito de prevención.
Equipo de organización - realización: organiza o equipo da biblioteca.
Marco de actuación:
- Dar a coñecer a biblioteca ao barrio en concreto á Fundación Secretariado Gitano.
- Dar a coñecer outras realidades e outras culturas.
- Apoiar e defender unha sociedade plural, fomentando a convivencia.
Obxectivos:
- Dispoñer do espazo bibliotecario como lugar de integración social onde se crean vínculos coa sociedade.
- Desenvolver accións de formación de usuarios para que coñezan os servizos da biblioteca.
- Ofrecer a biblioteca como un camiño de formación continua.
- Desenvolver a función multicultural como elemento de integración das diferentes comunidades.
- Potenciar unha convivencia sen discriminacións.
- Potenciar unha igualdade social e de oportunidades.
Actividades realizadas:
- Visitas guiadas: actividades de fomento á lectura, onde se mostran outros materiais e outros mundos aparentemente afastados da súa realidade. Durante estas visitas sempre se fai algunha lectura en voz alta que a biblioteca busca e adapta ás necesidades do grupo, e que posteriormente se utilizan na aula como material didáctico
- Achégate á biblioteca
- Achégate ao conto
- Achégate aos descubridores
- Achégate á pintura
- Achégate ao cine
- Ciencia na Biblioteca
- Achégate á fotografía
- Coñecemos a Chaplin
- Coñecemos a Lorca
- Coñecemos a India
- Amor
- Cervantes
- Contos clásicos.
- Estoxo xitano: estas actividades complementáronse no ano 2012 cun proxecto común: o "ESTOXO XITANO". A biblioteca realizóu durante o curso 2011/12 diferentes maletas viaxeiras con usuarios da propia biblioteca que nos mostraban o seu país de orixe. No 2012 este proxecto evolucionou e realizáronse diferentes "estoxos" con algunhas entidades e ONGs da cidade, o primeiro deles foi "Estoxo Xitano". Nesta maleta viaxeira podemos encontrar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana que dun modo lúdico involucre a toda a familia.