BOAS PRÁCTICAS
“Biblioteca pública: un lugar donde cabemos todas/os”. Biblioteca Pública Municipal Iurretako Herri Biblioteka (Bizkaia)
O proxecto “Biblioteca pública: un lugar donde cabemos todas/os” ten por obxectivo consolidar a biblioteca como punto de referencia cultural, dando resposta a todo tipo de intereses e inquedanzas mediante a adecuación da programación das actividades ás diferentes necesidades dos usuarios e a integración das novas tecnoloxías tanto para a difusión e publicidade como para realización de las actividades.

Gran parte do éxito do proxecto radica na colaboración con distintas entidades, asociacións locais, centros educativos e profesionais do mundo da literatura, que ten como consecuencia unha resposta positiva e ampla dos cidadáns. Así mesmo, contribúen a este éxito os métodos para dar a coñecer e difundir as actividades:

  • Distribución de dípticos en domicilios, centros escolares e comercios.

  • Colocación de carteis das actividades en lugares estratéxicos.

  • Anuncio no panel dixital do municipio.

  • Envíos trimestrais de correo electrónico a todos os usuarios.

  • Información na páxina web, redes sociais (Facebook e Twitter).

  • Distribución dun boletín coa programación das actividades.

  • Edición dunha guía de lectura dúas veces ao ano con novidades e recomendacións que se reparte nos centros escolares, concello e diferentes servizos municipais etc.

  • Puntos de interese na biblioteca coincidindo con datas significativas.

  • Visitas guiadas á biblioteca para escolares e formación de usuarios.

  • Puntos de lectura en distintos lugares da localidade como bibliopiscina

  • Celebracións como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

  • Visitas guiadas pola localidade co fin de impulsar o coñecemento da súa historia e costumes.

  • Elaboración dun audiovisual sobre a biblioteca.

  • Mantemento e actualización de web, blog e redes sociais da biblioteca.

Entre as actividades realizadas destacan polo seu interese, orixinalidade y participación:

  • Maratón de lectura “Biziletra”, no que participan todos os centros educativos e asociacións do municipio.

  • Obradoiro de literatura “Mujeres del Mundo”, que ofrece a posibilidade de coñecer a literatura creada por mulleres de diferentes países, a súa realidade cotiá e historia.

  • Campaña “Paisajes del mundo: las bibliotecas, un lugar de encuentro”, na que participan once bibliotecas e se selecciona un país sobre o que se vai traballar desde diferentes perspectivas. Diríxese a todos os cidadáns da localidad e especialmente aos inmigrantes do país seleccionado residentes no municipio. Na última edición seleccionouse Pakistán, polo que se contou coa colaboración da ONG Félix Baltistan Fundazioa que traballa nese país. As actividades asociadas son: exposición bibliográfica e fotográfica, charlas, cinema-club, obraidoiros, etc. Ademais coordínanse outras actividades como os contacontos e os clubs de lectura en torno ao país seleccionado.

  • “Desde el pecho a la palabra” é unha campaña integral que ten como obxectivo a promoción lectora, destinada ao entorno que rodea ao neno de 0 a 6 anos coas súas familias e educadores.

  • “Making, crea tu propia historia”, obradoiro de creatividade para mozos que ten como obxectivo fomentar o potencial creativo, fomentar o interese en diferentes disciplinas e no uso de novas tecnoloxías. Na última edición realizouse un cómic dixital.

  • Outras actividades: clubs de lectura para adultos, junior e infantís, nos que ademais da lectura, se realizan outras actividades como a dramatización ou excursións temáticas relacionadas cos libros lidos. Destaca o club de lectura destinado os bebés “Cuentos sobre la piel”, ao que asisten os nenos e as nenas acompañados polos seus pais e nais; concurso de literatura infantil e xuvenil; campaña “Zorionak!”, cuxo obxectivo é dar a benvida aos recén nados do concello e atraer a seus pais á biblioteca onde se lles fai entrega dun obsequio; contacontos; visitas guiadas para escolares, adultos, profesores e persoas maiores.

Premio María Moliner 2013 na modalidade de localidades de menos de 5.000 habitantes