BOAS PRÁCTICAS
“Club Internet”. Biblioteca Pública del Estado de Zamora
Actividade periódica na que os participantes buscan na casa recursos en Internet relativos aos temas previamente elixidos para poñelos en común en cada sesión presencial.

A actividade “Club Internet” xurdiu a partir das suxestións dos participantes nos cursos “Para Saber Buscar Información” que imparte a biblioteca. Unha vez rematada esta formación, os alumnos perdían a motivación para continuar utilizando Internet porque non tiñan ningún apoio para resolver dúbidas nin para buscar información en Internet.

“Club Internet” diríxese a persoas que non desenvolveron as súas capacidades dixitais e teñen inquedanzas por aprender novas ferramentas apoiándose nun grupo (xubilados, parados, amas de casa etc.)

Desenvolvemento do proxecto

Non é un curso ao uso porque non ten docencia. Cada mes preséntase un tema acordado polos integrantes e son son eles os que deben facer o esforzo de desentrañar e valorar as aplicacións, programas, webs etc. Non hai unha autoridade no grupo e é este ao completo o que intenta resolver as dúbidas e programar a actividade.

Como introdución aos temas tratados visualízanse vídeos e escóitanse audios dispoñibles en Internet. Respecto aos textos, tamén faise uso da Internet e nalgunha edición empregáronse lotes de libros que tratan a temática escollida.

Tras a busca e uso na casa dos recursos, na sesión presencial valórase en grupo o atopado seguindo criterios establecidos previamente como a súa utilidade, a autoría, ter contidos actualizados e rigorosos, a posibilidade de buscar no propio recurso, ligazóns que aporta etc.

Para o desenvolvemento da actividade resulta básica a capacidade de comunicarse no grupo. Para iso utilízase a lista de distribución de correos electrónicos, o blog e o grupo de Facebook do club de Internet e a rede social Google+.

Recursos humanos

A actividade está coordinada por un bibliotecario. É necesario que este se informe e forme previamente sobre algún dos temas escollidos xa que nalgúns casos poden resultarlle descoñecidos.

Recursos materiais

Conexión ADSL e Wifi, ordenadores, pantalla de TV ou encerado dixital. Os usuarios tamén poden aportar os seus portátiles.

Aínda que non é necesario, como material de valor engadido pódese contar con cámaras web para videoconferencias, un escáner, lotes de libros que traten la temática do club, tablets etc.

Recursos económicos

É unha actividade de custe cero pero con una rendabilidade clara pola satisfacción que supón para os usuarios. Pode requerirse un orzamento adicional no caso de querer contar con lotes de libros específicos de cada temática, formación continua dos bibliotecarios, charlas e conferencias de blogueros, programadores, informáticos, etc., subscrición a revistas de temática de Internet

Avaliación dos resultados

A avaliación documental realízase ao final de cada edición mediante cuestionarios cumprimentados polos participantes na actividade relativos ao contido, a profundidade dos temas tratados, o sistema de comunicación do club, a seu nivel de satisfacción coa actividade, equipamento, duración etc.

Elixida como boa práctica polo Foro Red de Alfabetización Informacional (ALFARED)

A actividade publicítase na web e nos folletos informativos de actividades de adultos que edita a biblioteca. Na práctica, todos os usuarios do club pertenceron aos cursos da biblioteca “Para Saber Buscar Información” onde coñeceron esta nova actividade.

Máis información: http://www.alfared.org/ficha_buenas_practicas/1199

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS