Unha boa práctica tradúcese na programación e deseño non só dunha actividade puntual, senón dun proxecto que se prolonga no tempo e que está constituído por un grupo de actividades e accións encamiñadas a un obxectivo: integración, alfabetización informacional etc. Así mesmo, implica a avaliación dos resultados obtidos por medio desa boa práctica.