BOAS PRÁCTICAS
“Contigo somos más biblioteca pública” Biblioteca Pública Municipal Santa Mónica de San Javier (Murcia)
O proxecto “Contigo somos más biblioteca pública” ten como obxectivo que a biblioteca e a comunidade estreiten os seus vínculos a través de actividades de animación á lectura, formación, dinamización cultural e integración social.

As actividades do proxecto “Contigo somos más biblioteca pública” diríxense a toda a poboación, coa intención de que a totalidade da comunidade teña acceso á información e que a biblioteca se consolide como centro neurálxico da actividade cidadá.

O éxito do proxecto fundaméntase en gran parte no uso das novas tecnoloxías, que facilitan a comunicación e a participación dos cidadáns. Conta coa páxina web da biblioteca, perfil e páxina en Facebook, Twitter, canal Youtube (no que se difunden as actividades con documentos multimedia), e blogs asociados a outras tantas actividades co fin de aumentar e optimizar a participación.

O proyecto está composto dunha gran cantidade de actividades encadradas en tres categorías: animación á lectura, extensión bibliotecaria e formación e integración social. Destacan as seguintes actividades:

  • “Un libro, una ciudad”: con esta actividade se pretendeuse a cohesión social a través da lectura masiva do mesmo libro, nesta ocasión foi “1969” de Jerónimo Tristante.

  • “La biblioteca en la radio”: programa semanal no que se comenta o acontedido na biblioteca durante a semana e se recomendan libros e películas.

  • “El árbol de los cuentos”: que consiste nunha performance dirixida e realizada por nenos e nenas de 6 a 12 anos.

  • Bookcrossing nos comercios. Distribuíronse cestas con libros para que os clientes os levasen e os devolveran (ou non) unha vez lidos a calquera cesta de calquer comercio ou deixasen outro título no seu lugar.

  • “Nuestros muchachos del CEFIS”: actividade de integración social, en colaboración co Consorcio de Entidades para la Inclusión Social, na que os mozos que cometeron pequenos delitos prestan servizos na biblioteca como parte da súa reinserción.

  • “De puño y letra en femenino”: exposición bibliográfica e fotográfica acompañada de charlas concertadas sobre a muller como escritora e como personaxe nos textos. Aprendizaxe de valores a través dos contos, dirixido a nenos de Primaria.

  • “SOS Paisajes de mar”: exposición fotográfica sobre a costa española, acompañada de textos sobre o estado da misma.

  • Obradoiro de poesía multilíngüe e multicultural.

  • Obradoiro de Facebook para maiores de 40 años.

  • Obradoiro de alfabetización básica de estranxeiros adultos e obradoiro de emprego, cuxo obxectivo é a integración no mundo laboral.

  • Outras actividades realizadas son: clubes de lectura; concurso e exposición de microrrelatos; contacontos; obradoiro de escritura creativa (aberto a todo o mundo, no que escritores locais comparten as súas creacións); obradoiros de cómic, teatro, poesía e astronomía; blogs de recomendacións de lectura; mercado de libros na que despois dunha campaña de doazón, a biblioteca os reparte a outros veciños no Mercado de San Javier; pasacalle a favor do libro e a lectura; ciclos de cine; presentacións de libros e exposicións de pintores locais. 

Premio María Moliner 2013 na modalidade de localidades de entre 20.001 e 50.000 habitantes