BOAS PRÁCTICAS
“Lecturas refrescantes”. Biblioteca Central Rialeda de Oleiros
“Lecturas refrescantes” presenta unha programacións anual estable de actividades de fomento da lectura dirixidas ao público en xeral, pero tamén específicas para as distintas idades así como a centros de ensino.

A través das novas tecnoloxías coa creación de varios blogs, a páxina web e o programa de radio semanal “Todo está nos libros” en Radioleiros preténdese chegar ao maior número de usuarios. Así mesmo, hai unha estreita colaboración coas diferentes institucións, asociacións e centros educativos do concello.

O proxecto abrangue numerosas actividades moi ben definidas e interesantes:

  • Cuentacontos, tertulias literarias, exposicións, charlas e obradoiros de divulgación científica, guías de lectura e recomendacións bibliográficas, espazo radiofónico en Radioleiros etc.

  • Club de lectura xuvenil, coa asistencia de 16 rapaces e rapazas por sesión.

  • Proxecto 5-7-5: creación e exposición de haikus.

  • Conmemoración de días especiais: Día Mundial da Poesía, Día Mundial do Teatro, Día Internacional do Libro Infantil, Día do Libro, Día das Letras Galegas...

  • Encontros con escritores

  • Obradoiros de banda deseñada con artistas recoñecidos dirixidos a alumnos de Educación Secundaria e de Primaria 

  • Actividade “A lectura, esa gran viaxe” na que se traballaron libros que tratasen a temática das viaxes, folclore, lendas, historias e tradicións de diferentes países. O obxectivo desta actividade é a integración xa que o 4% da poboación a que atende esta biblioteca é inmigrante.

  • Formación de usuarios: visitas nas que se ensina o uso da biblioteca e se amosa a súa web e o seu blog.

Premio María Moliner 2011 na modalidade de localidades de entre 20.001 a 50.000 habitantes