BOAS PRÁCTICAS
“Na Biblioteca”. Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” de Ortigueira
O proxecto “Na Biblioteca” baséase na realización de ciclos de actividades semanais diversas orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A biblioteca traballa coas lecturas correspondentes a cada temática que cambia mensualmente.

O principal obxectivo de todas as actividades incluídas no proxecto “Na Biblioteca” é espertar e fomentar o hábito lector entre cativos e cativas do concello con vistas a obter un maior número de usuarios e de préstamos infantís na biblioteca.

A duración do proxecto é dun ano dividido en 11 fases. Cada unha correspóndese cun mes do ano:

  • Xaneiro: “Disfrazámonos”

  • Febreiro: “Inventamos”

  • Marzo : “Atopamos fantasía”

  • Abril: “Paula Carballeira”

  • Maio: “Somos poetas”

  • Xuño: “Expo Zaragoza”

  • Xullo: “Bricolamos”

  • Agosto: “Escoitamos historias”

  • Outubro: “Ilustramos”

  • Novembro: “Imos ao cine”

  • Decembro: “Celebramos o Nadal”

Premio María Moliner ao Mellor Proxecto de Animación á Lectura 2008